martes, 3 de diciembre de 2013

Benvidos ao blog

Esta é a primeira entrada deste blog.  Con el pretendemos compartir o traballo que está realizando o alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco do curso 2013-14.  No Proxecto Interdisciplinar deste curso escollemos traballar sobre as danzas tradicionais en Cangas, xa que na actualidade hai 3 danzas declaradas de interese turístico.
Coordinados polos seus titores e a orientadora do centro, o alumnado desenvolverá un traballo de investigación para afondar nesta temática.
Pouco a pouco iremos compartindo con vós o que vaiamos atopando.
Esperemos que vos guste.