domingo, 9 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O PREMIO CONCEDIDO




Aquí estamos celebrando o premio que nos concederon polo traballo desenvolvido.  O alumnado  (faltaba Xian que xa non está no noso centro), os titores, Pedro e Ana, e a coordinadora, Begoña.

Todos levamos un diploma para casa, para ter un recordo do traballo e do premio!!!

Non nos esquecemos da colaboración de todos os profesores: Xaquín, Seila, Lúa e Bea  (que están noutros centros), Xosé Ramón...

E tamén lembrarnos de Belén Guimeráns, Eduardo Otero e Pepe Martínez, quenes nos deron a coñecer as danzas de Darbo, O Hío e Aldán respectivamente.  A Belén, especialmente, pola súa paciencia en ensinarnos a bailar a danza, a confeccionar os gorros,...  Sen eles non teríamos hoxe este premio.  GRACIAS.

Neste enlace podedes ver a noticia publicada hoxe no Faro de Vigo.

martes, 4 de noviembre de 2014

O NOSO TRABALLO FOI PREMIADO!!!

NORABOA A TODOS/AS

O traballo que fixemos o curso pasado, 2013-14, sobre as Danzas Tradicionais de Cangas, foi premiado pola Consellería de Educación, como recoñecemento aos traballos por proxectos baixo a coordinación da Biblioteca Escolar.

O noso traballo foi premiado no apartado 2.c: Proxectos realizados na materia de 1º de ESO "Proxecto Interdisciplinar".

A cuantía do premio é de 1000€ para a Biblioteca Escolar.

O día do Magosto faremos un acto simbólico de entrega do premio para poder celebralo todos xuntos.

Isto nos anima a seguir traballando!!!










martes, 9 de septiembre de 2014

DANZA DE DARBO 2014

Aquí vos deixo unhas fotos da execución da danza de Darbo, onte pola tarde no Adro da Igrexa de Santa María.
Podedes ver os gorros, a vestimenta, os complementos...


domingo, 7 de septiembre de 2014

MAÑÁ, 8 DE SETEMBRO, PODEMOS VER BAILAR A DANZA DE DARBO


Como ven sabemos, porque o estivemos traballando durante todo o curso, o 8 de setembro celébrase a Romaría de Darbo.

Aínda que as festas xa se iniciaron onte, sábado 6 de setembro, como podedes ver no programaserá mañá, 8 de setembro, día grande das festas, cando se bailará a Danza de Darbo.  Será, coma sempre, en dous momentos do día:

.- Ás 14:00 h., despois da misa na honra da patrona de Darbo.
.- Ás 7 da tarde.

Coma sempre, a Danza e Contradanza, bailaranse no adro da igrexa de Santa María de Darbo.  Belén, a guía da danza, os 10 galáns e as 5 damas, xa terán todo a punto para este gran día, para o que levan ensaiando durante todo o ano. 

É unha boa ocasión para ver en vivo, o que tantas veces vimos nos vídeos.  Así que mañá, pola tarde ou pola mañá, podemos achegarnos ao adro de Darbo.

sábado, 16 de agosto de 2014

HOXE BAILASE A DANZA TRADICIONAL DE O HÍO NA HONRA DE SAN ROQUE

Os que poidades achegarvos ao adro da igrexa de San Andrés de O Hío, alí onde está o Cruceiro, hoxe despois da misa das 12:30 bailarase a danza tradicional de San Roque.  E despois da procesión a contradanza.
È unha ocasión para ver en vivo o que estivemos traballando durante o curso e darlle un saúdo a Eduardo Otero, guía da danza.


miércoles, 25 de junio de 2014

AGASALLANDO A BELÉN GUIMERÁNS

E xa como remate da danza, quixemos agasallar a Belén Guimeráns para agradecerlle a súa colaboración en todo este proceso que iniciamos no mes de outubro.

Escollimos o libro, Terras e Mares do Morrazo, e asinouno todo o alumnado de 1º, para que lle quede unha mostra do noso afecto.

Cando rematou a danza, as delegadas de 1ºA, Antía e 1ºB, Uxía, subiron ao escenario a entregarllo a Belén.  Estaban acompañadas polos seus titores, Ana e Pedro.  

Belén agradeceu o agasallo dicindo que estaba moi emocionada porque quedaba asegurada a continuidade da danza, porque xa había relevo xeracional.

MOITOS BICOS E MOITAS GRACIAS, Belén.


FESTIVAL FIN DE CURSO

POR FIN, CHEGOU O DÍA PARA O QUE TANTO TRABALLAMOS!!

O pasado venres, 20 de xuño, o alumnado de 1º ESO bailou a danza de Darbo no Festival de Fin de Curso 2013-14.  Fíxerono en dous grupos, 1ºA e 1ºB, co alumnado que voluntariamente quixo facelo.  Moitas rapazas tiveron que bailar no lugar dos homes.  

Foron guiados polo profesor de Educación Física e titor de 1ºB, Pedro.  Observados coidadosamente por Belén Guimeráns que foi convidada para a ocasión.

Conseguiron bailar cos gorros que elaboraran na aula de Educación Plástica e Visual.  Pensamos que non o conseguirían, pero velaí están as probas.


miércoles, 18 de junio de 2014

ESTAMOS A ENSAIAR A DANZA DE DARBO!!

Xa está a piques de rematar o curso!!!

Ademais de facer os gorros, de rematar os traballos e de facer exames, ensaiamos a danza de Darbo, para bailala no Festival de Fin de Curso, o vindeiro venres.  Xa melloramos un montón, gracias a paciencia de Pedro, profesor de Educación Física.


XA TEMOS FEITOS OS GORROS DA DANZA DE DARBO!

Despois da obradoiro que fixemos con Belén Guimeráns, puxémonos máns á obra.  Coa profesora de Plástica, Seila, cada un de nós fixo o seu gorro.  Aquí vos deixamos unha selección de fotos do proceso, nas dúas aulas de 1º.  Traballamos arreo!!!


jueves, 12 de junio de 2014

OS DE 1ºB TAMÉN OPINAN. Artigo para a revista do centro "A Ghaivota".




Este curso o alumnado de 1º ESO traballamos no Proxecto Interdisciplinar coas danzas tradicionais de Cangas.

Fixemos 5 grupos de traballo na aula.  Todos pensamos que é mellor  que traballar individualmete, aínda que ás veces non avanzamos porque non todos os compañeiros querían colaborar.  Ademais moitas veces os ordenadores non funcionaban ou fallaba a conexión e non podíamos continuar!  Este foi o principal problema.

Ao principio a maioría do alumnado escoitara falar destas danzas, pero a que máis coñecían era a de Darbo  (terá algo que ver que sexa a nosa parroquia…)  Tamén levamos unhas enquisas a casa para que a nosa familia opinase.

Comezamos buscando información sobre as tres danzas  (Hío, Aldán e Darbo) na rede nas páxinas que nos facilitaron os profes, na aula virtual do centro e no blog que fixemos para esta actividade  (danzas tradicionais de Cangas)

Tamén fixemos traballo de campo:  unha “xira” por todas as parroquias para coñecer “in situ” o lugar onde se bailan, o vestiario dos danzantes, porque na danza do Hío non hai damas, as datas nas que se bailan, a que santo están adicadas… En cada parroquia  entrevistamos a un representante das danzas que contestaron as nosas dúbidas  (Belén Guimeráns, Eduardo Otero, Pepe Martínez).  Acompañáronos Xaquín, que nos contou un pouco da historia de cada parroquia; Ana, que nos falou das especies vexetais e animais; o noso titor, Pedro, e Begoña, a orientadora, cos que traballamos todo ano neste proxecto.  Aproveitamos para darlles as grazas pola súa axuda.

Outra das actividades que máis nos gustou foi aprender a bailar a danza de Darbo  (en realidade, só unha parte porque é moi longa).  O primeiro día Belén Guimeráns  (a responsable da danza) e a nosa profe de galego, Lúa, (que bailou durante varios anos) e Ana ensináronos a música e os pasos principais e despois seguimos practicando con Pedro nas clases de Educación Física.  A nosa intención é bailala no festival de final de curso.  A ver como nos sae!

Estes últimos días volveu Belén para ensinarnos como se fan os gorros que levan as damas, que na danza de Darbo son de flores naturais.  Agora na clase de Plástica, Seila vainos axudar a facer os nosos propios gorros.  Parece fácil pero…

A pesar de todos os problemas e dificultades, gustounos facer este proxecto.  Agora coñecemos moitas máis cousas sobre as tres danzas e sabemos que podemos sentirnos orgullosos delas.


Animámosvos a que entredes no blog e disfrutedes!

Este artigo foi escrito polo alumnado de 1ºB, baixo a coordinación da profesora de Lingua Galega, Lúa Camaño.

domingo, 8 de junio de 2014

O QUE O ALUMNADO DE 1ºA VALORA DO TRABALLO DESENVOLVIDO. Artigo para a revista do centro "A Ghaivota"


As alumnas e alumnos de 1º de ESO do IES Monte Carrasco fixemos un proxecto sobre as Danzas tradicionais de Cangas. Este proxecto comezou a principios de curso e rematará a finais deste terceiro trimestre.
Ao comezar co proxecto, Begoña, a orientadora, explicounos en que ía consistir e creou un blog no que podiamos atopar información sobre estas danzas e tamén podiamos publicar os nosos traballos.
Cada integrante do grupo tiña unha función dentro da actividade: buscar a orixe das danzas, como foron evolucionando, as parroquias onde se baila, a música, coreografía, vestimenta dos danzantes, etc.
O día 8 de abril realizamos unha saída didáctica para visitar in situ as parroquias onde se executan estas danzas: Hío, Aldán e Darbo. En cada parroquia unha persoa responsable das diferentes danzas foinos explicando detalles máis concretos sobre as parroquias e as danzas. Na parroquia de Aldán coñecemos a Pepe Martínez, na de Hío a Eduardo Otero e na de Darbo a Belén Guimeráns. Despois da explicación de cada un deles, Xaquín, o profesor de Sociais, explicounos a historia e delimitacións das diferentes parroquias.

Danza de Aldán:
A Danza de San Sebastián ou Danza de Aldán, ten lugar cada 20 de xaneiro, coincidindo coa festividade deste santo. A danza execútase no adro da igrexa de Aldán e, ás veces, volve repetirse no mesmo día noutro lugar da parroquia.
Dez galáns e cinco damas bailan acompañados dunha gaita e dun tamboril. Os galáns bailan con castañolas, levan un traxe e un sombreiro negros. As damas levan longan saias brancas, numerosos broches e o famoso sombreiro de flores.  A vestimenta das mulleres dificulta un pouco a danza.

Danza do Hío:
A Danza de San Roque,  Danza do Hío ou Danza dos Peregrinos ten lugar cada 16 de agosto, despois dos oficios relixiosos. O Cruceiro de Hío é o escenario no que se interpreta a tradicional danza.
Os danzantes repártense en tes filas paralelas, as dos extremos son ocupadas por galáns e na do medio sitúanse  cinco nenos. O paso de todos estes danzantes é marcado por un guía -a persoa de maior idade. Estes danzantes van acompañados pola música da gaita, do tambor e das castañolas, que levan os homes.
Os galáns levan camisa e pantalón brancos, chaqueta azul a xogo co sombreiro de feltro colorado e gravata verde. As damas (nenos) levan un vestido longo de veludo verde e engurrado no van. Polos ombreiros levan unha capa de veludo vermello.

Danza de Darbo:
A Danza de Darbo celébrase cada 8 de setembro, a continuación dos oficios relixiosos da mañá e da procesión. A tradicional danza e contradanza báilase diante da imaxe da Virxe, no adro da igrexa parroquial de Santa María de Darbo.
Pola tarde, ten lugar un segundo acto litúrxico e repítese a correspondente danza e contradanza cunha duración de corenta e cinco minutos.
O baile está considerado como unha das pezas máis antigas de Galicia, herdada e transmitida durante séculos. Data do século XVI e bailábase en honra á Virxe para agradecer os favores recibidos durante o ano.
Executan esta danza en dúas filas de homes e unha de mulleres no centro. Cada fila consta de cinco danzantes.
A vestimenta cambiou moito ao longo dos anos mais, actualmente, os galáns levan un traxe escuro con camisa branca e sombreiro de feltro. A persoa que guía a danza diferénciase porque leva no sombreiro unha gran pluma. As damas visten con enaguas de cor branca con puntillas, saia tamén branca,  un mandil negro bordado, camisa branca coas mangas anchas e engurradas. Cubrindo a camisa levan un pano de caxemir cruzado e atado atrás. Levan grandes sombreiros de palla e flores naturais.

A investigación sobre estas danzas serviunos para aprender un pouquiño máis sobre a cultura da nosa vila. Ademais aprendemos a bailar a danza de Darbo nas clases de Educación Física.
O que máis nos gustou foi a saída: visitar as parroquias e, sobre todo, aprender a bailar a danza.
Un dos maiores atrancos sufrímolo coas novas tecnoloxías: Internet, ás veces, non podiamos navegar pola rede tan rápido como desexabamos ou simplemente non había conexión.
En xeral foi unha experiencia moi bonita e aprendemos moito.

Este artigo foi redactado polo alumnado de 1ºA, coordinados pola profesora de Lingua Galega, Beatriz Martínez.


viernes, 6 de junio de 2014

COMPLEMENTOS DA DANZA DE DARBO

No obradoiro de confección de gorros da Danza de Darbo, Belén Guimeráns, tamén nos trouxo unha mostra dos complementos que usan as mulleres que bailan:

.- O cachemir, mantón de 4 puntas que levan as mulleres sobre os ombreiros e cruzado atrás.  O guía da danza usa o mesmo mantón como banda.
.- Os sapos, colgantes dourados.  Cada muller leva 1.
.- Os colares.  Belén trouxo un que se fixo nun obradoiro de Barcelona seguindo os modelos tradicionais con azabache e coral.
.- A saia branca con moitas puntillas.  Confeccionouse seguindo os modelos tradicionais.

Tamén nos trouxo dúas fotos antiguas, dos anos 60, onde se pode observar os traxes que se utilizaban e que serviron de modelo para o atuendo que se usa hoxe na Danza.



APRENDEMOS A CONFECCIONAR OS GORROS DA DANZA DE DARBO

Onte, xoves 5 de maio, iniciamos o obradoiro de confección de gorros da Danza de Darbo. Invitamos de novo a Belén Guimeráns, presidenta da Asociación Danza de Darbo, a que nos ensinase como se confeccionan os gorros que locen as mulleres na Danza de Darbo.  E coma sempre acudíu encantada.

Estivo primeiro na aula de 1ºB, onde confeccionou un gorro con flor artificial e cunha base dun gorro que non é o que se emprega habitualmente.  Porque este será o modelo que empregaremos para que cada alumno confeccione o seu, para abatar o custo da actividade, xa que o gorro tradicional é moi caro e a flor natural faría moi perecedeiro o producto final. A nosa intención é que cada alumno confeccione un gorro e o leve para casa cando remate o curso.

En 1ºA, confeccionou o gorro sobre o tradicional e con flor natural para que quedase unha mostra do como realmente é e se fai.

A profesora de Educación Plástica e Visual estivo moi atenta a todo o proceso, pois será ela a que guie ao alumnado na confección de cadanseu gorro.


martes, 6 de mayo de 2014

A PARROQUIA DE DARBO E A SÚA DANZA

Finalmente, aquí están os vídeos gravados na parroquia de Darbo, o mesmo 8 de abril.  Igualmente, o profesor Xaquín Pastoriza ponnos en antecedentes sobre a parroquia, os seus orixes e a igrexa de Santa María, onde se baila a danza o 8 de setembro.  Belén Guimeráns, que xa nos ensinou no instituto a bailar a danza, responde as preguntas preparadas polo alumnado.


AS ORIXES DA PARROQUIA




A IGREXA DE SANTA MARIA DE DARBO





ORIXE DA DANZA





LUGAR ONDE SE BAILA A DANZA





DIFICULTADES NA EXECUCIÓN DA DANZA





GUÍA DA DANZA





ENSAIO DA DANZA






VESTIMENTA DA DANZA







RECUPERACIÓN DA DANZA








A PARROQUIA DE O HÍO E A SÚA DANZA

Estes son os vídeos gravados na parroquia de O Hío o día 8 de abril de 2014 na saída realizada co alumnado de 1º ESO.  Nos dous primeiros o profesor Xaquín Pastoriza falará da parroquia e o contorno da igrexa na que se baila a danza na honra de San Roque.  Nos seguintes, Eduardo Otero, guía da danza, responde ás preguntas preparadas polo alumnado para coñecer mais sobre este danza ancestral.



ORIXES DA PARROQUIA






A IGREXA DO SANTO ANDRÉS DE O HÍO




ORIXES DA DANZA





LUGAR ONDE SE BAILA A DANZA




DIFICULTADES NA EXECUCIÓN DA DANZA





GUIA DA DANZA





ENSAIO DA DANZA





VESTIMENTA DA DANZA





A MULLER NA DANZA DE O HÍO





OS INSTRUMENTOS E A MÚSICA





PORQUE BAILA A DANZA?







PERSPECTIVAS DE FUTURO DA DANZA




lunes, 28 de abril de 2014

A PARROQUIA DE ALDÁN E A SÚA DANZA

A continuación tedes os vídeos gravados na parroquia de Aldán o día 8 de abril de 2014 na saída realizada co alumnado de 1º ESO.  Nos dous primeiros o profesor Xaquín Pastoriza falará da parroquia e o contorno da igrexa na que se baila a danza na honra de San Sebastián.  Nos seguintes, Pepe Martínez García, socio da Asociación Cultural San Sebastián de Aldán, respondendo ás preguntas do alumnado, vai dándonos unha visión histórica e de detalle da danza de Aldán.


ORIXES DA PARROQUIA




A IGREXA DE SAN CIBRÁN E O SEU CONTORNO








DATA DE INICIO DA DANZA









ORIXE DA DANZA







LUGAR ONDE SE BAILA A DANZA




ENSAIO DA DANZA





GUÍA DA DANZA






MUSICA DA DANZA





DIFUSIÓN DA DANZA E PERSPECTIVAS DE FUTURO







martes, 15 de abril de 2014

ALGUNHAS FOTOS DA VISITA

Estas son algunhas fotos da visita do día 8 de abril. Aínda que fixemos moitas non todas teñen calidade como para mostralas.


jueves, 3 de abril de 2014

O vindeiro martes, 8 de abril, faremos unha saída didáctica co alumnado de 1º para visitar as parroquias onde se bailan as 3 danzas tradicionais de Cangas: Hío, Aldán e Darbo.

O profesor de ciencias sociais do centro, Xaquín Pastoriza, daranos unha explicación das 3 parroquias nos adros onde se bailan as danzas.

Aproveitaremos a ocasión para entrevistar a persoas responsables de que se segan a manter estas danzas tradicionais, recuperando os bailes, as vestimentas...

martes, 18 de febrero de 2014

BUSCANDO INFORMACIÓN SOBRE AS DANZAS TRADICIONAIS




Na clase de 1º ESO A, buscando información sobre as danzas tradicionais de Cangas.
Un día á semana traballo en equipos cooperativos.  Agora mesmo estamos buscando información na web, utilizando os netbook das aulas de 1º.

Estamos aprendendo moito sobre as danzas, pero sobre todo, estamos aprendendo a buscar, seleccionar, arquivar, editar e presentar información.

No 3º trimestre, traballaremos na elaboración dunha presentación coa información seleccionada.  Cada grupo deberá presentar o seu traballo aos seus compañeiros.

Mentras tanto, continúamos a traballar, a ensaiar a danza, a buscar fotos,...

miércoles, 12 de febrero de 2014

EMPEZAMOS A ENSAIAR A DANZA DE DARBO!!

Onte, martes 11 de febreiro, empezamos a ensaiar a danza de Darbo. Gracias a Belén Guimeráns, nai dunha alumna de 4º ESO e danzante habitual na danza de Darbo aprendimos os pasos básicos, os puntos e os desplazamentos. Axúdoulle a profesora Lúa Camaño, que tamén ten bailado a danza. Os profesores Ana Soliño e Pedro Vicente estiveron moi atentos aprendendo eles tamén para logo poder ensaiar solos. 

Foi moita información para o 1º día!! 

Esperemos que a finais de curso poidamos facer unha demostración do bós danzantes que somos!

Moitas gracias a Belén e a Lúa por ternos dedicado este tempo!!

miércoles, 22 de enero de 2014

O 20 DE XANEIRO BAILOUSE A DANZA DE ALDÁN














Onte luns, 20 de xaneiro, na parroquia de Aldán bailouse a danza na honra de San Sebastián.  Aquí recollemos noticias e fotografías aparecidas na prensa estes días.
Faro de Vigo, 19/01/14
Faro de Vigo do 21/01/14







sábado, 18 de enero de 2014

Necesitamos a colaboración das familias na busca de fotografías das danzas tradicionais de Cangas

Esta semana fixemos chegar ás familias de 1º de ESO, unha circular a través do alumnado, para que colaborasen con nós para facer unha exposición de fotografías sobre as danzas tradicionais de Cangas.  En resumo, viña a dicir o seguinte:

Como xa vos vimos informando, o alumnado de 1º de ESO está levando a cabo un traballo, ao longo de todo o curso, sobre as 3 danzas tradicionais que se bailan en Cangas: Darbo, Hío e Aldán.

Para avanzar na investigación é moi importante a colaboración das familias.  Por iso, nos gustaría que poidesedes aportar fotografías das danzas tradicionais, tanto actuais como antiguas.

Podedes facelo de 2 maneiras:
.- Facéndonos chegar a foto  orixinal (co nome do seu propietario e o alumno que a trae).  Nós a escanearíamos e devoveríamola polo mesmo procedemento.
.- Facéndonos chegar unha copia da mesma nun pendrive.  Igualmente é importante que veña identificada co nome do seu dono.

En ambos casos, é recomendable que identifiquemos a danza e demos algún detalle mais sobre a foto.
Non solo nos interesan fotos da danza en si mesma o día da festa.  Tamén nos interesan fotos dos ensaios, dos momentos previos (vestíndose, preparando os sombreiros,…), dos músicos…

Coas fotografías faremos unha exposición no instituto e colgaríamolos no blog que creamos para dar a coñecer o que estamos facendo:  prin13-14.blogspot.com

Se tedes calquera dúbida, podedes poñervos en contacto coa orientadora do centro ou co titor/a do voso fillo/a.


Moitas gracias pola vosa colaboración.