Como ven sabemos, porque o estivemos traballando durante todo o curso, o 8 de setembro celébrase a Romaría de Darbo.
Aínda que as festas xa se iniciaron onte, sábado 6 de setembro, como podedes ver no programa, será mañá, 8 de setembro, día grande das festas, cando se bailará a Danza de Darbo. Será, coma sempre, en dous momentos do día:
.- Ás 14:00 h., despois da misa na honra da patrona de Darbo.
.- Ás 7 da tarde.
Coma sempre, a Danza e Contradanza, bailaranse no adro da igrexa de Santa María de Darbo. Belén, a guía da danza, os 10 galáns e as 5 damas, xa terán todo a punto para este gran día, para o que levan ensaiando durante todo o ano.
É unha boa ocasión para ver en vivo, o que tantas veces vimos nos vídeos. Así que mañá, pola tarde ou pola mañá, podemos achegarnos ao adro de Darbo.