domingo, 7 de septiembre de 2014

MAÑÁ, 8 DE SETEMBRO, PODEMOS VER BAILAR A DANZA DE DARBO


Como ven sabemos, porque o estivemos traballando durante todo o curso, o 8 de setembro celébrase a Romaría de Darbo.

Aínda que as festas xa se iniciaron onte, sábado 6 de setembro, como podedes ver no programaserá mañá, 8 de setembro, día grande das festas, cando se bailará a Danza de Darbo.  Será, coma sempre, en dous momentos do día:

.- Ás 14:00 h., despois da misa na honra da patrona de Darbo.
.- Ás 7 da tarde.

Coma sempre, a Danza e Contradanza, bailaranse no adro da igrexa de Santa María de Darbo.  Belén, a guía da danza, os 10 galáns e as 5 damas, xa terán todo a punto para este gran día, para o que levan ensaiando durante todo o ano. 

É unha boa ocasión para ver en vivo, o que tantas veces vimos nos vídeos.  Así que mañá, pola tarde ou pola mañá, podemos achegarnos ao adro de Darbo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.